miércoles, 19 de febrero de 2014

Novas moi boas

Ola amigos e amigas: Aquí estou de novo! 

Son Frianciño o mouchiño do Cole Frian. 
Coñecédesme? Pois como fai tempo que non falamos teño moitas cousa que contarvos. O curso 2012-13 fixemos un Proxecto Documental Integrado titulado: “ A LINGUA SABE A PAN”. Como nos saíu tan ben pensamos en envialo a un concurso que se fai a nivel nacional. “PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN Y CIENCIA 2013 en enseñanza no universitaria”. 
Nós participamos no apartado de actuacións de dinamizacións e innovación na aprendizaxe das competencias de lectoescritura e audiovisuais. 
 Primeiro viñéronnos a comunicar que estabamos seleccionados e puxémonos moi contentos pero pensamos que non era fácil que levásemos o premio pois só había un para todo o país, e o noso estaba en galego, polo que as mestras e mestres dicían “seguro que llo dan a un de Toledo”. Pero non! Levámolo nós! A dotación económica foi de 10.000 euros. O que nos vai vir moi ben nesta época de crise. Pero o mellor e que viñeron as autoridades a felicitarnos: o alcalde, os concelleiros ... O conselleiro de Educación recibiunos en Santiago para darnos un agasallo, e despois veu visitar o noso cole. Tamén veu a TVG, tele 5, e todas as de Vigo. Entrevistaron a nosa directora na Cadena Ser e a nosa coordinadora da Biblioteca na Radio Galega. 
 Foron uns días moi emocionantes e estivemos moi ocupados. Saímos nos xornais de A Voz de Galicia, o Faro de Vigo e o Atlántico. Xa fai moitos anos que traballamos por Proxectos pero este premio animounos a propor un similar para este curso 2013-14. Neste caso titúlase “A LINGUA SABE A MAR”  
Estamos estudando máis a fondo a tradición e cultura mariñeira que foron e seguen sendo unha das grandes riquezas económicas de Galicia. Como sabedes somos un colexio de Vigo, cidade que sempre estivo vencellada ao mar. Inda que xa leva uns anos no que nos Estaleiros e o no porto escasea o traballo. Vouvos presentar algunhas actividades a ver se vos gustan. Todas elas, están relacionadas co mar. O Entroido, os venres de viva voz, tardes de conto, a nova da semana, o día da poesía, contos teatralizados en cada nivel feitos con distintas técnicas, dicionario do mar, decoración das portas das aulas con motivos mariños e finalizamos en xuño coa gran festa fin do Proxecto na que hai xogos, exposición dos traballos e un festival no que participamos todos. Xa vos seguirei informando do que vaiamos facendo.

 Unha aperta de Frianciño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada